Joseba Sarrionandia. Tempo de exilio

Maria Jesus Sarrionandia eta Manuela Rodriguez,  Joseba Sarrionandiaren “Babel mitoaren kontra / Contra o mito de Babel” testua irakurtzen. Etxepare Institutuaren egoitza, Donostia (2015-09-30).

 

Galiziako Kalandraka argitaletxeak eta Isaac Xubín itzultzaileak irabazi dute Etxepare Euskal institutuak eta Laboral Kutxak sortu duten 2015eko Itzulpen Saria, Tempo de exilio Joseba Sarrionandiaren poema bildumaren galizierarako itzulpenagatik. Hemen egileak bidalitako hitzak.

 

 

Babelgo mitoaren kontra

Joseba Sarrionandia

Egunon, hemen elkartu zaretenoi. Eskerrik asko Etxepare Institutuaren gomitari. Baimena ematen badidazue, hitz gutxi batzuk esan nahi nituzke itzultzaileen alde eta, batez ere, Babelgo mitoaren kontra.

            Itzulpena, jakina denez, inposiblea da eta, aldi berean, beharrezkoa. Eta ezinezkoa posible egiten duen ofizio bat dago, itzultzailearena. Itzultzailearen zeregina magikoa da, jakina, hizkuntza desberdinak hitz egiten dituztenen arteko komunikazioa erraztea. Kultura unibertsalaren eragile magikoak dira.

            Baina utzi egidazue gailegoz jarraitzen, Finisterre aldeko gonbidatuoi eskerronez…

            Quería darlle as grazas aos máxicos aquí presentes, particularmente a Isaac Xubín, a Luís Rei e aos editores de Kalandraka. E quería protestar, ao mesmo tempo, contra o mito de Babel. Creo que debemos desacreditar o mito de Babel.

Aos que acreditan no mito da Torre de Babel e no castigo metafórico, e que renegan da diversidade cultural, e que empregan o mito de Babel como argumento de autoridade para impoñer o castigo, ou a prohibición, ou o simple descrédito aos outros, eu dígolles que non acredito no idioma universal. Non acredito no idioma universal, como non acredito na euxénese ou no pensamento único.

A idea de que a diversidade é confusión e conflito, foi utilizada ao servizo da política asimilacionista –ás veces sutil, e xeralmente brutal– que nos inflixiron durante séculos os nosos veciños imperialistas. Os nosos fracasados veciños imperialistas, pódese dicir; porque as nosas linguas están aínda vivas e máis ou menos saudables. Mais non suficientemente fracasados, paréceme, porque aínda insisten.

Aos que acreditan na idea do idioma universal dígolles, con Castelao, que «a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal…»

             Aínda seguen algúns pobres humanos, alleos ao humor de Castelao, coa súa pretensión de impoñer un único idioma; quizais o único que saben. Por sorte, temos diversos idiomas, todos eles humanos, dignos e universais.

            A única lingua que merecería perder puntos no seu recoñecemento universal sería, na miña opinión, aquela na que se apouque e escamotee o carácter universal dos outros idiomas.

            Moitas grazas aos tradutores e a todos os que recoñecen as outras linguas.

Un abrazo.

 

camisa sarrionandia.fh11

 

 

 

Xosé Ballesteros hitzak

Egun on,

   En Kalandraka vivimos o oficio de editores como se fósemos habituais testemuñas de encontros e de despedidas. Como se habitásemos nun cruce de camiños no cal se saúdan autores e tradutores en distintas linguas, algunhas en perigo de extinción.

   Nese lugar de encontro, de diálogo, de conversa continua, chamado catálogo, gardamos un sitio preferente para os ausentes. Mais non falo dos ausentes que non están porque morreron senón, todo o contrario, falo dos ausentes por forza: dos exiliados.

   Eles e elas son os que un día tiveron que pechar a porta da súa casa e fuxir, sen máis nada que as súas lembranzas e a súa propia lingua.

   Axiña, despois de cruzar esas raias imaxinarias chamadas fronteiras, tiveron que coleccionar palabras novas, sons novos, para nomear noutra lingua: gaua (noite), bihar (mañá), bakardadea (esperanza), itzuli (regreso), maite (amor), bizitza (vida).

   A obra de Joseba Sarrionandia Tempo de exilio está nese lugar preferente de Kalandraka, porque para nós é un símbolo. Significa a homenaxe para todos e todas os exiliados que o foron, os que o son e os que, por desgraza, han vir.

   Publicar Tempo de exilio foi posible grazas á xenerosidade de Pamiela Etxea. Eskerrik asko Txema e Pello, artífices dunha colaboración permanente dende hai nove anos entre Pamiela e Kalandraka, que ten como obxectivo facer posible a irmandade fraterna das nosas linguas.

   Isaac Xubín é o gran protagonista deste libro, xunto co director da colección Tambo, Luís Rei, porque foi quen de traducir ao galego, de forma maxistral, as palabras claras, rotundas e certeiras do gran poeta vasco. Eskerrik asko, Isaac.

   Aos editores só nos queda agora agradecerlle ao xurado a súa distinción e desexar, como dicía o noso poeta, mil primaveras máis para as nosas linguas, e unha longa e frutífera vida ao Instituto Vasco Etxepare, digno representante, difusor e garante  da fraternidade e da solidariedade entre as culturas do mundo.

Donostia, 24 de setembro 2015         

  

Xosé Ballesteros. Etxepare Institutuaren egoitza, Donostia (2015-09-30).

 

 

Isaac Xubín hitzak

Isaac Xubín. Etxepare Institutuaren egoitza, Donostia (2015-09-30).

This entry was posted in El pesebre del Reyno, General, Pamiela etxea and tagged , . Bookmark the permalink.